UNHA EXPERIENCIA ÚNICA NA FIN DO MUNDO

“Alí estás, sentad@ nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparábel, na fin do mundo.»

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21·22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que che permitirán gozar de actuacións irrepetíbeis. Concertos na Fin do Mundo fusionará patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer ao público unha experiencia única para os cinco sentidos.

LOCALIZACIÓNS 2022

NOVAS RECENTES