!! Chegou o día !!

Tras as dúas marabillosas experiencias de Baiona e Muxía, xa temos todo preparado para que gocedes do terceiro Concerto Na Fin Do Mundo no fermoso Faro Corrubedo de Ribeira.

Lembrade que un dos principais obxectivos deste ciclo é a sustentabilidade, por iso e co principal obxectivo de respectar a contorna evitando desprazamentos masivos en coche, dispoñeremos dun servizo de bus desde a zona de aparcadoiro público situado en Corrubedo ata o faro. Este servizo, á vez que contribúe á sustentabilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna e da experiencia dunha forma máis completa.

Ás 19:50 h iniciarase un servizo de bus lanzadeira gratuíto desde o aparcadoiro público situado en Estrada do Faro, 5 ; a estrada que vai desde o pobo de Corrubedo ata o Faro.

Este servizo será exclusivo para persoas con entrada, polo que terás que presentar a mesma ao persoal de seguridade antes de subir ao bus. É obrigatorio subir ao bus con máscara e respectar os protocolos COVID indicados polo persoal. Non se permitirá entrar no bus nin con bebida nin con comida.

O bus deixarache a uns 700 metros do Faro, na última rotonda onde pode dar a volta. Desde alí, propoñémosche un pequeno paseo a pé ata o faro. Este paseo, á vez que contribúe á sustentabilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna, e da experiencia dunha forma máis completa. Finalizado o concerto reiniciarase o servizo de bus desde esta mesma rotonda ata o aparcadoiro público.

MOI IMPORTANTE: O acceso en coche ao faro estará cortado, recomendámosche o uso do aparcamento reservado e o posterior acceso a pé. 

Na porta de acceso, o persoal de admisión daravos unhas pulseira co número da vosa cadeira, para que vos sexa fácil localizar o voso asento. Se comprastes a entrada en grupo, atoparédesvos as vosas cadeiras xuntas. Lembrade que por protocolo  COVID, non é posible mover as cadeiras de lugar.

No recinto teredes unha zona de hostalería con bebida e comida que poderedes consumir nos vosos asentos. Lembrámosvos que por protocolo  COVID non está permitido beber e comer de  pé

O evento abrirase ás 20:30 h cunha sesión  dj, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarche coa contorna.

E a partir de aquí só quédavos gozar da música, nunha contorna máxica

Ás 21:00 h comezará a actuación de Laura LaMontagne e o produtor e  dj Pico  Amperio, un singular dúo que mestura composicións medievais galaico-portuguesas, ambiente  hip  hop e poesía, aplicando unha intensiva operación cirúrxica ao folclore galego. 

A música  dj acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. 

E ás 22.00 h, xa a luz da lúa e do faro, poderemos gozar da actuación de Anxo Lorenzo, un prodixio da gaita nacido en Moaña. Como solista e compositor subiuse aos principais escenarios do mundo celta. Nesta actuación fará un repaso, coa colaboración do músico  irlandes  Eoghan  Neff, dos sons atlánticos que nos conectan con outros países do mundo e cos que está a percorrer os mellores festivais dos circuítos folk europeo e americano.

 Esperámosvos en Faro Corrubedo, para gozar dunha experiencia única… na fin do mundo.