FARO DE CORRUBEDO

03/09

FARO DE CORRUBEDO

RIBEIRA

A MÚSICA

A música, en harmonía co ruxir das ondas e os sons da natureza, será a protagonista principal de Concertos na Fin do Mundo.

Co obxectivo de que a experiencia musical se integre o máximo posíbel coa contorna, gozarás dunha proposta escénica e dun repertorio adaptado á singularidade de cada espazo.

O evento abrirase ás 20:30 cunha sesión DJ da man de Russinha, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarte coa contorna. Ás 21:00 horas comezará a actuación da cantante galega Laura Lamontagne & PicoAmperio. A música de Russinha acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. E, ás dez da noite, poderemos gozar da actuación do gaiteiro Anxo Lorenzo, xa ao luar.

ANXO LORENZO

Anxo Lorenzo é un artista galego e prodixio da gaita nacido en Moaña. Como solista e compositor, subiu aos principais escenarios do mundo celta. Nesta actuación fará un repaso, coa colaboración do músico irlandes Eoghan Neff, dos sons atlánticos que nos conectan con outros países do mundo e cos que está percorrendo os mellores festivais dos circuítos folk europeo e americano.

+ información

LAURA 

LAMONTAGNE

A cantautora galega Laura LaMontagne e o produtor e DJ PicoAmperio forman un singular dúo que mestura composicións medievais galaico-portuguesas, ambiente hip-hop e poesía, aplicando unha intensiva operación cirúrxica ao folclore galego. Acompañados de videocreacións de gran poética visual, esta parella prométenos unha experiencia ultracromática do máis suxestiva.

+ información

RUSSINHA

Russinha, nome artístico da compostelá Marta Gilino, é unha DJ consolidada na escena galega. A súa proposta electrónica de sons tribais, afro-house e tropicais mesturarse nesta ocasión con sons e ritmos da música tradicional galega.

CONTORNA E PATRIMONIO

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. A contorna, a paisaxe e a natureza serán elementos protagonistas, atinxindo que o público goce da riqueza do noso territorio dende unha aproximación responsábel e sostíbel.

FARO DE

CORRUBEDO

Dende 1853 leva xa o faro de Corrubedo resistindo á forza do océano coa súa escasa altitude sobre o nivel da costa. Iluminando dende a súa privilexiada posición á entrada da Ría de Muros e Noia para que os barcos esquiven os perigos deste litoral. A súa contorna ofrece unhas vistas que van dende as dunas do Parque Natural até o cabo Fisterra.

+ información

CORRUBEDO

Estamos en Corrubedo, unha vila mariñeira que se viu revalorizada durante estes últimos anos como un importante destino de segundas residencias até se converter nunha das localidades de tendencia no noso litoral. Non é de estrañar, a súa contorna e as súas praias ben pagan a pena. A uns poucos quilómetros atópase Ribeira, a capital do concello, cunha interesante oferta cultural e gastronómica.

+ información

CÓMO CHEGAR

Concertos na Fin do Mundo pretende ser un evento 100% sostible, por iso e co principal obxectivo de respectar a contorna evitando desprazamentos masivos en coche, dispoñeremos dun servizo de bus desde a zona de aparcadoiro público situado en Corrubedo ata o faro. Este servizo, á vez que contribúe á sustentabilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna e da experiencia dunha forma máis completa.

Ás 19:50 h iniciarase un servizo de bus lanzadeira gratuíto desde o aparcadoiro público situado en Estrada do Faro, 5 ; a estrada que vai desde o pobo de Corrubedo ata o Faro.

Este servizo será exclusivo para persoas con entrada, polo que terás que presentar a mesma ao persoal de seguridade antes de subir ao bus. É obrigatorio subir ao bus con máscara e respectar os protocolos COVID indicados polo persoal. Non se permitirá entrar no bus nin con bebida nin con comida.

O bus deixarache a uns 600 metros do Faro, na última rotonda onde pode dar a volta. Desde alí, propoñémosche un pequeno paseo a pé ata o faro. Este paseo, á vez que contribúe á sustentabilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna, e da experiencia dunha forma máis completa. Finalizado o concerto reiniciarase o servizo de bus desde esta mesma rotonda ata o aparcadoiro público.

MOI IMPORTANTE: O acceso en coche ao faro estará cortado, recomendámosche o uso do aparcamento reservado e o posterior acceso a pé.

21/08

FARO SILLEIRO

BAIONA

RUSSINHA

TANXUGUEIRAS

PABLO LESUIT

27/08

FARO PUNTA DA BARCA

MUXIA

RUSSINHA

DULCE PONTES

MARGARIDA MARIÑO

03/09

FARO DE CORRUBEDO

RIBEIRA

RUSSINHA

ANXO LORENZO

LAURA LAMONTAGNE

& PICO AMPERIO

10/09

FARO DE SAN CIBRAO

CERVO

RUSSINHA

MIKEL ERENTXUN

YOLY SAA