FARO PUNTA DA BARCA

27/08

FARO PUNTA DA BARCA

MUXIA

A MÚSICA

A música, en harmonía co ruxir das ondas e cos sons da natureza, será a protagonista principal de Concertos na Fin do Mundo.

Co obxectivo de que a experiencia musical se integre o máximo posíbel coa contorna, gozarás dunha proposta escénica e dun repertorio adaptado á singularidade de cada espazo.

O evento abrirase ás 20:30 cunha sesión DJ da man de Russinha, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarte coa contorna. Ás 21:00 horas comezará a actuación da artista emerxente Margarida Mariño. A música de Russinha acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. E, ás dez da noite, poderemos gozar da actuación de Dulce Pontes, xa ao luar.

DULCE PONTES

Con máis de 30 anos de carreira musical, Dulce Pontes (Portugal) é, sen dúbida, unha voz imprescindíbel para os amantes do fado e da música en xeral. 

Pianista, compositora e intérprete, a súa exitosa «Canção do Mar» consagrouna como a renovadora do fado, tomando así a remuda da gran Amalia Rodrigues.

As súas incríbeis condicións artísticas, a súa formación clásica e as súas inquietudes culturais levárona a percorrer o mundo colaborando con grandes artistas de diferentes latitudes.

+ información

MARGARIDA MARIÑO

Margarida Mariño, artista nacida en Vigo e licenciada no Conservatorio Superior Liceo de Barcelona, presenta unha proposta en solitario cun repertorio orixinal para violoncello e voz inspirado en temas como: a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas. Un estilo moi persoal, onde xéneros tan aparentemente diverxentes como o postrock, o triphop ou a música clásica vibran cunha única voz.

+ información

RUSSINHA

Russinha, nome artístico da compostelá Marta Gilino, é unha DJ consolidada na escena galega. A súa proposta electrónica de sons tribais, afro-house e tropicais mesturarase nesta ocasión con sons e ritmos da música tradicional galega.

CONTORNA E PATRIMONIO

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. A contorna, a paisaxe e a natureza serán elementos protagonistas, atinxindo que o público goce da riqueza do noso territorio dende unha aproximación responsábel e sostíbel

FARO PUNTA

DA BARCA

Nas proximidades do icónico Santuario da Barca, lugar de culto máxico-relixioso e final do Camiño de Santiago a Muxía-Fisterra, atópase o Faro de Punta da Barca. As pedras máxicas, das que salienta a famosa Pedra de Abalar, supoñen un compoñente máis do rico patrimonio deste lugar. Detrás do faro e a escasos metros, dende o monte e miradoiro do Corpiño, pódese albiscar o cabo Vilán e o monte Facho, mentres se goza do solpor sobre o mar.

+ información

MUXIA

Muxía é unha vila mariñeira da Costa da Morte onde conflúen camiños, mar e tradición. Un rico patrimonio arquitectónico popular, onde predomina a pedra como elemento principal, coa espectacularidade das paisaxes costeiras, apreciábel dende os miradoiros que se sitúan en diferentes puntos do territorio. A gastronomía é outro dos seus puntos fortes, con todo o que este bravo océano ten para ofrecer.

+ información

CÓMO CHEGAR

Concertos na Fin do Mundo pretende ser un evento 100% sostíbel e co principal obxectivo de respectar a contorna evitando desprazamentos masivos en coche, propoñémosche un pequeno paseo a pé dende a zona de aparcamento reservado no porto de Muxía até o faro. Este paseo, ao tempo que contribúe á sostibilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna e da experiencia dun xeito máis completo.

Habilitaremos unha zona de aparcadoiro reservado na zona portuaria de Muxía. Esta zona será exclusiva para asistentes ao concerto, polo que terás que presentar a entrada ao persoal de control e antes de acceder ao aparcadoiro.

Dende alí, terás que cruzar as calellas de Muxía e camiñar uns 600 metros polo paseo que leva ao Santuario da Virxe da Barca, cunhas preciosas vistas da costa. O camiño está totalmente iluminado, polo que, ao finalizar o concerto, che resultará sinxelo percorrelo de volta.

MOI IMPORTANTE: O acceso en coche ao faro estará cortado, polo que che recomendamos o uso do aparcadoiro reservado e o posterior acceso a pé.

21/08

FARO SILLEIRO

BAIONA

RUSSINHA

TANXUGUEIRAS

PABLO LESUIT

27/08

FARO PUNTA DA BARCA

MUXIA

RUSSINHA

DULCE PONTES

MARGARIDA MARIÑO

03/09

FARO DE CORRUBEDO

RIBEIRA

RUSSINHA

ANXO LORENZO

LAURA LAMONTAGNE

& PICO AMPERIO

10/09

FARO DE SAN CIBRAO

CERVO

RUSSINHA

MIKEL ERENTXUN

YOLY SAA