FARO PUNTA ATALAIA

10/09

FARO DE SAN CIBRAO

CERVO

A MÚSICA

A música, en harmonía co ruxir das ondas e cos sons da natureza, será a protagonista principal de Concertos na Fin do Mundo.

Co obxectivo de que a experiencia musical se integre o máximo posíbel coa contorna, gozarás dunha proposta escénica e dun repertorio adaptado á singularidade de cada espazo.

O evento abrirase ás 20:30 cunha sesión DJ da man de Russinha, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarte coa contorna. Ás 21:00 horas comezará a actuación da cantante galega Yoly Saa. A música de Russinha acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. E, ás dez da noite, poderemos gozar da actuación de Mikel Erentxun, xa ao luar.

MIKEL ERENTXUN

Mikel Erentxun non necesita presentación. Dende mediados dos oitenta, público e crítica recoñeceron a súa capacidade para compoñer cancións redondas xunto con Diego Vasallo á fronte de Duncan Dhu. A súa carreira en solitario comezou no ano 92, e moitos anos despois, un incombustíbel Erentxun sacará ao mercado o seu último disco para repasar os seus temas de toda a vida ao carón de artistas como Iván Ferreiro, Coque Malla, Amaia e Anni B Sweet, entre outros.

+ información

YOLY SAA

A pontevedresa Yoly Saa é unha das novas promesas do pop nacional. Marchou a Madrid a probar sorte coa música e xa chegou a compoñer para artistas consagradas como Malú e Luz Casal. Neste momento está a punto de lanzar o seu primeiro disco con Warner, tras varios singles cos que entrou nas listas das radios comerciais.

+ información

RUSSINHA

Russinha, nome artístico da compostelá Marta Gilino, é unha DJ consolidada na escena galega. A súa proposta electrónica de sons tribais, afro-house e tropicais mesturarase nesta ocasión con sons e ritmos da música tradicional galega.

CONTORNA E PATRIMONIO

FARO DE

SAN CIBRAO

O Faro de San Cibrao érguese en Punta Atalaia, non lonxe dos restos de dúas antigas fábricas de salga. Presenta dúas torres, a máis antiga erixida en granito en 1864 e anexa á vivenda do fareiro. E a nova, moi próxima á anterior, en cor branca cunha franxa negra que a fai máis esvelta. Como ben indica o seu nome, Punta Atalaia é un perfecto miradoiro sobre a costa circundante e os famosos “farallóns”.

+ información

SAN CIBRAO

Bañada polas augas do mar Cantábrico, na Mariña Lucense, atópase a vila portuaria de San Cibrao, construída nunha fermosa península unida a terra firme pola acumulación de area. 

Estamos no municipio de Cervo, onde tamén se atopa o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, coas súas antigas fundicións e fábricas de cerámica. Cervo ofrece moitas posibilidades para gozar da súa cultura, como o Museo do Mar, ou das súas numerosas praias e do bo xantar.

+ información

CÓMO CHEGAR

Concertos na Fin do Mundo pretende ser un evento 100% sostíbel e co principal obxectivo de respectar a contorna evitando desprazamentos masivos en coche, propoñémosche un pequeno paseo a pé dende a zona de aparcamento reservado no porto de San Cibrao até o faro. Este paseo, ao tempo que contribúe á sostibilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna e da experiencia dun xeito máis completo.

Habilitaremos unha zona de aparcadoiro reservado na zona portuaria de San Cibrao. Esta zona será de uso exclusivo para os asistentes ao concerto, polo que terás que presentar a entrada ao persoal de control e antes de acceder ao aparcadoiro.

Dende alí, terás que cruzar San Cibrao até o barrio da península e camiñar un treito duns 500 metros polo paseo que se dirixe ao faro. O camiño está totalmente iluminado polo que, ao finalizar o concerto, che resultará sinxelo percorrelo de volta.

MOI IMPORTANTE: O acceso en coche ao faro estará cortado, polo que che recomendamos o uso do aparcadoiro reservado e o posterior acceso a pé.

21/08

FARO SILLEIRO

BAIONA

RUSSINHA

TANXUGUEIRAS

PABLO LESUIT

27/08

FARO PUNTA DA BARCA

MUXIA

RUSSINHA

DULCE PONTES

MARGARIDA MARIÑO

03/09

FARO DE CORRUBEDO

RIBEIRA

RUSSINHA

ANXO LORENZO

LAURA LAMONTAGNE

& PICO AMPERIO

10/09

FARO DE SAN CIBRAO

CERVO

RUSSINHA

MIKEL ERENTXUN

YOLY SAA