UNHA EXPERIENCIA ÚNICA NA FIN DO MUNDO
“Alí estás, sentad@ nos confíns do mundo, no máis alto dun cantil de afiadas rochas sobre as que o mar arremete sen cesar. Pechas os ollos. A música soa e mestúrase maxicamente co bater das ondas. Unha leve brisa baña a túa cara. Ergues a ollada e, na inmensidade do océano, o sol tingue de vermello o ceo para agocharse tras o horizonte… entón, nese preciso e fermoso instante, cae a noite, a luz do faro ilumina o Atlántico e decátaste de que estás no único lugar onde queres estar, en Galicia, gozando dun concerto incomparábel, na fin do mundo.»
Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada, e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión, que nos permitirán gozar de actuacións irrepetíbeis. Concertos na Fin do Mundo fusionará patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer ao público unha experiencia única para os cinco sentidos.
LOCALIZACIÓNS 2021
21/08
FARO SILLEIRO
BAIONA
RUSSINHA
TANXUGUEIRAS
PABLO LESUIT
27/08
FARO PUNTA DA BARCA
MUXIA
RUSSINHA
DULCE PONTES
MARGARIDA MARIÑO
03/09
FARO DE CORRUBEDO
RIBEIRA
RUSSINHA
ANXO LORENZO
LAURA LAMONTAGNE
& PICO AMPERIO
10/09
FARO DE SAN CIBRAO
CERVO
RUSSINHA
MIKEL ERENTXUN
YOLY SAA
NOVAS RECENTES
TODO PREPARADO EN MUXÍA PARA GOZAR DO SEGUNDO CONCERTO NA FIN DO MUNDO
Estades list@s para gozar dun concerto máxico no fin do mundo? Xa temos todo preparado para que...
CRÓNICA DUNHA NOITE MÁXICA NO FARO SILLEIRO
E ao final, o primeiro “Concerto Na Fin do Mundo”, superou con fartura as nosas expectativas… Todo...
!! CHEGOU O DÍA !! TODO PREPARADO PARA DISFRUTAR DO CONCERTO NA FIN DO MUNDO
Entradas esgotadas e todo preparado no fermoso Faro Silleiro de Baiona, para que gocedes do...