PREGUNTAS FRECUENTES

PREGUNTAS

FRECUENTES

PREGUNTAS FRECUENTES

Podo mercar as entradas en diferentes webs?

Non, só en www.concertosnafindomundo.com , a través da plataforma Woutick. NON HAI OUTRO PUNTO DE VENDA OFICIAL. As entradas adquiridas en plataformas de revenda non garantirán o acceso ao recinto

Teño que levar a entrada impresa ou abonda con levala no móbil?

É a túa opción. Podes presentar a túa entrada no móbil (se tes a pantalla en perfectas condicións), ou ben traela impresa. Ademais, precisarás o teu DNI ou un documento de identidade válido.

Podo mercar as entradas no portelo do recinto?

Non, non haberá portelo físico no recinto por normativa COVID. De todos os xeitos, manterase aberta a venda por Internet até 30 minutos antes do comezo de cada concerto.

Hai un abonamento para poder ir a todos os concertos da edición 2021?

Non, non hai abonamento e cada concerto ten a súa entrada independente.

Hai entradas de diferentes prezos?

Non, todas as entradas teñen o prezo simbólico de 10 € máis os gastos de tramitación.

Podo poñerme de pé durante o concerto?

Non, nesta edición de Concertos na Fin do Mundo e por protocolo COVID, o público gozará do concerto sentado.

Podemos ir varias persoas xuntas?

Si, as cadeiras poderán situarse en grupos de até 4 persoas. MOI IMPORTANTE, se queres vir en grupo, tes que mercar todas as entradas nunha única reserva. Sentaranvos por orde de reserva e de acordo co número de prazas reservadas.

A entrada levará o meu nome?

Si, as entradas son nominativas, requisito indispensábel en contexto COVID. Por iso, a plataforma de venda solicitarache o nome, apelidos, teléfono e correo de cada un dos asistentes. É dicir, compres o número de entradas que comprares, terás que introducir os datos completos de cada unha das persoas que te acompañen.

Son os concertos accesíbeis a persoas con mobilidade reducida?

Si, todos os faros son accesíbeis a persoas con mobilidade reducida. Porén, o noso plan de mobilidade implica o uso de transporte colectivo gratuíto para os desprazamentos longos. E o último treito de chegada aos faros será sempre a pé. As estradas estarán cortadas, polo que, se es unha persoa con mobilidade reducida, deberás indicárnolo á hora de facer a reserva para que poidamos chamarte e explicarche como chegar doadamente a cada faro.

Terei que levar máscara?

Si, seguirase a normativa vixente respecto ás máscaras, distancia social e protocolos de seguridade estabelecidos. As máscaras de válvula non serán admitidas como válidas.

Se son menor de idade, podo asistir aos concertos?

Os menores de 16 anos (15 anos ou menos) teñen que acceder coa súa entrada acompañados acompañados dunha persoa adulta responsábel e cunha autorización asinada que se pode descargar aquí. Os menores que teñan 16 ou 17 anos teñen que acceder coa súa entrada e cunha autorización asinada que se pode descargar aquí.

As persoas menores de idade pagan entrada?

Si, todos os asistentes han de mercar a entrada debido a que son numeradas e á normativa COVID de rexistro de asistentes.

Haberá zona de hostalaría nos concertos?

Si, contaremos cunha barra en cada concerto onde poderás mercar bebidas. Non se admite a entrada ao recinto con comida nin bebida do exterior.

Haberá aparcadoiro?

Concertos na Fin do Mundo realízase en faros moi diferentes, cada un coas súas características particulares. Podes consultar esta información na sección ‘Como chegar’ de cada concerto.

Que pasará se vai mal tempo?

Os faros son enclaves naturais únicos e a súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas tamén o é. En caso de choiva, disporemos dun espazo cuberto, pero se as condicións meteorolóxicas fosen moi adversas, o concerto tería que adiarse. Nese caso, daremos opción á devolución íntegra da entrada a todas aquelas persoas que así o soliciten.

Unha mantiña será unha boa aliada….

Os faros son lugares expostos ao mar, ao vento e á humidade. Aínda que teñamos un día de calor, é posíbel que a temperatura baixe considerabelmente á noitiña. Por iso, e para o máximo gozo da experiencia, unha pequena mantiña pode ser a túa grande aliada.

Para calquera outra dúbida ou información, podes poñerte en contacto connosco a través de  info@concertosnafindomundo.com

LOCALIZACIÓNS 2021

21/08

FARO SILLEIRO

BAIONA

RUSSINHA

TANXUGUEIRAS

PABLO LESUIT

27/08

FARO PUNTA DA BARCA

MUXIA

RUSSINHA

DULCE PONTES

MARGARIDA MARIÑO

03/09

FARO DE CORRUBEDO

RIBEIRA

RUSSINHA

ANXO LORENZO

LAURA LAMONTAGNE

& PICO AMPERIO

10/09

FARO DE SAN CIBRAO

CERVO

RUSSINHA

MIKEL ERENTXUN

YOLY SAA