A SOSTIBILIDADE COMO PRINCIPIO FUNDAMENTAL
Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia única que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Contorna, paisaxe, natureza, patrimonio e cultura serán, xunto á música, as principais protagonistas do noso evento. Un convite para que o público viva unha experiencia única mentres goza da riqueza de cada un dos nosos enclaves dende unha aproximación responsábel e sostíbel. Estes son os nosos principios:
Mobilidade sostíbel e accesibilidade: Fomentamos o uso de medios de transporte colectivos. Preocupámonos por que todos os espazos e servizos sexan accesíbeis.
Respecto e posta en valor da contorna: A contorna, a paisaxe, o patrimonio e a natureza son actores protagonistas do noso evento. As intervencións que realizaremos en cada espazo terán por principal obxectivo o gozo e a posta en valor da súa riqueza natural, polo que serán 100% respectuosas coa contorna.
Uso de materiais biodegradábeis e reutilizábeis: As infraestruturas e a proposta escenográfica utilizada contarán coa presenza de materiais procedentes de bosques sostíbeis con certificación FSC e PEFC. O mobiliario será reutilizado en cada concerto, garantindo dese xeito unha longa vida a todos os elementos.
Construcións efémeras e integradas coa contorna: Todas as construcións que realizaremos serán efémeras e respectuosas coa contorna, minimizando o impacto visual durante o concerto e deixando os espazos en perfecto estado despois da nosa intervención.
Impacto acústico: Realizaremos un estudo de cada espazo co obxectivo de minimizar o impacto acústico. O noso obxectivo é conseguir concertos de gran calidade, pero totalmente respectuosos coa fauna local.
Reciclaxe de residuos: A recollida selectiva de residuos e a reciclaxe estarán presentes en todos os nosos espazos e procesos, tanto de cara ao público como en todos os nosos traballos de fabricación e produción.
Descentralización: Galicia é rica e diversa. Concertos na Fin do Mundo pretende conectar público e destino, convidando os asistentes a que coñezan a oferta destes marabillosos recantos da costa galega. Aproveita a fin de semana e mergúllate nos múltiples atractivos que arrodean estes faros.
Calidade fronte a cantidade: Defendemos a calidade fronte a cantidade. O natural fronte ao artificial. O duradeiro fronte ao efémero. O noso obxectivo principal é crear unha experiencia inesquecíbel, acadar que o público viva momentos únicos que xeren lembranzas duradeiras. Queremos namorarnos e que te namores da experiencia e o destino.
Igualdade de xénero: Igualdade na presenza de mulleres e homes na selección artística e no staff. Traballamos na transmisión de valores que eduquen na igualdade e utilizamos linguaxe inclusiva.
LOCALIZACIÓNS 2021
21/08
FARO SILLEIRO
BAIONA
RUSSINHA
TANXUGUEIRAS
PABLO LESUIT
27/08
FARO PUNTA DA BARCA
MUXIA
RUSSINHA
DULCE PONTES
MARGARIDA MARIÑO
03/09
FARO DE CORRUBEDO
RIBEIRA
RUSSINHA
ANXO LORENZO
LAURA LAMONTAGNE
& PICO AMPERIO
10/09
FARO DE SAN CIBRAO
CERVO