Bo sábado !! Hoxe, empezando o outono, queremos compartir convosco as fotos da primeira xornada no Faro Silleiro de Baiona, unha das localizacións escollidas para Concertos na Fin do Mundo 2022, e sen ningunha dúbida, un dos máis belos faros da costa galega.

O bo tempo acompañounos durante toda a xornada e permitiunos vivir momentos máxicos, gozando do concerto do galego Luís Fercán, unha das voces máis prometedoras da escena musical nacional, cunha marabillosa posta de sol no horizonte, ou o inesquecible concerto de Eliades Ochoa, historia viva da música cubana, á noitiña, coa luz do faro e dunha impoñente lúa, competindo por iluminar coa súa luz o ceo de Baiona.

E cando a mellor música fusiónase deste xeito coa contorna, a natureza e o patrimonio, cando 200 persoas en plena sintonía teñen o privilexio de estar nun dos máis belos recunchos de galicia gozando dun concerto máxico, é alí, e nese preciso e precioso instante, onde podemos sentir a pura esencia dun festival disruptivo…  Concertos na Fin do Mundo.