!! Chegou o día !!

Unha vez máis, entradas esgotadas e todo preparado en o Faro San Cibrao de Cervo, para o último Concerto Na Fin Do Mundo deste ano.

Lembrade que un dos principais obxectivos deste ciclo é a sustentabilidade, e iso empeza pola mobilidade sostible, por iso e co principal obxectivo de respectar a contorna evitando desprazamentos masivos en coche, propoñémosche un pequeno paseo a pé desde a zona de aparcadoiro reservado no porto de San Cibrao ata o faro. Este paseo, á vez que contribúe á sustentabilidade, permitirache gozar da paisaxe, da contorna e da experiencia dunha forma máis completa.

Na porta de acceso, o persoal de admisión daravos unhas pulseira co número da vosa cadeira, para que vos sexa fácil localizar o voso asento.

Se comprastes a entrada en grupo, atoparedes as vosas cadeiras xuntas.

Lembrade que por protocolo COVID, non é posible mover as cadeiras de lugar.

No recinto teredes unha zona de hostalería con bebida e comida que poderedes consumir nos vosos asentos, onde teredes unha mesiña auxiliar na que poderedes apoiar as vosas consumicións. Lembrámosvos que por protocolo COVID non está permitido beber e comer de pé.

E a partir de aquí só quédavos gozar da música, nunha contorna máxica…

O evento abrirase ás 20:30 h cunha sesión dj da man de Russinha, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarte coa contorna.

E a partir de aquí só quédavos gozar da música, nunha contorna máxica…

Ás 21:00 h comezará a actuación a pontevedresa  Yoly Saa, unha das novas promesas do pop nacional. A música de Russinha acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. E ás 22.00 h horas poderemos gozar da actuación de Mikel Erentxun, xa á luz da lúa, e do faro.

Lembrade que estamos nun lugar marabilloso, pero exposto ao mar.

En principio non hai predición de choiva para esta noite, pero por se unha pequena nube de orballo pasásese polo concerto, un chubasquero pode ser un gran aliado 🙂

Esperámosvos en Faro San Cibrao, para gozar dunha experiencia única… no fin do mundo.